(Un “poema” que foi escrito como humilde e respectuosa resposta a unha pregunta de Manuel (tes amor pola lingua?) Convidoume a compartilo. Fágoo hoxe, un pouco máis tarde. Desculpas e grazas.)
Amor á lingua
Amor á lingua pídesme?
Disme se amo o que sempre amei?
A lingua que falaba a aldea
que o meu avó un día deixou?
Con el, miña avoa
e tres nenos pequenos
subiron a un barco
que aquí chegou,
onde eu agora escribo
con sorriso triste
triste sorriso dunha vella dor.
Meu avó soñaba
cun mundo novo.
Non foi “cobardía”
nunca foi traizón.
Cosas dun pobre labrego
que aquí buscaba un pouco
de algo mellor.
E aquí eu dígoche
que a súa lingua
eu ámoa, e moito,
por bela, por doce,
por suave, por recia…
¡e por perseguida,
pero como non!
Dos meus avós,
aquí, nesta terra,
esa lingua amo
esa lingua eu son.


