Como xa comentei no Taboleiro de Fillos de Galicia, tras asistir á moi recomendable obra teatral “Pan” de Voltaedalle teatro, tiven a ocasión o pasado venres 9 de Maio lles de entregar como agasallo a nosa Antoloxía Poética a dous dos seus participantes: María Lado e Xosé Luís Rivas, Mini. Actriz-poetisa e músico amosáronse moi gratos e devecemos por que nos envíen a súa opinión cando o lean.
Tags: antoloxía, maría lado, mini, teatro
-
Onte recibín esta mensaxe de María Lado:
ola manuel,
aínda non tiven tempo para che contestar e agradecer o agasallo do libro muitísimas gracias. comecei xa a darlle un ollo e ten moi boa pinta, cando menos como iniciativa, como moitas das vosas, paréceme impresionante.
ando agora por terras almerienses de festival, en chegando a casa contareivos algo do libriño.
Non fai falta dicir que agardamos ilusionados eses comentarios teus, María!
You must be logged in to post a comment.



1 comment
Comments feed for this article
Trackback link: http://poetica.fillos.org/2008/05/agasallamos-o-noso-libro-a-maria-lado-e-xl-rivas-mini/trackback/